A compañía compostelá Redrum Redrum Teatro levará a escena ‘Sophie non é o meu nome de guerra’
Redrum Teatro levará a escena Sophie non é o meu nome de guerra, obra escrita por Roberto Pascual galardoada en 2021 co Premio Rafael Dieste de textos teatrais que convoca a Deputación da Coruña. A institución provincial financia a produción, cuxa estrea se celebrará o vindeiro 23 de maio no Teatro Colón da cidade herculina. Redrum, que xa iniciou os ensaios en Ribadavia grazas á colaboración do Concello, conta con Laura Míguez para a dirección desta obra, ópera prima como […]