Mesa redonda sobre a prostitución dentro da campaña ’12 comercios, 12 sensibilidades’
A tenda Naf Naf acollerá o próximo mércores unha mesa redonda sobre a prostitución, no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades", impulsada por unha ducia de comerciantes de Santiago en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Neste mes de marzo, a iniciativa fíxase o obxectivo de dar a coñecer o traballo que se desenvolve no programa Vagalume de atención integral a mulleres en situación de prostitución ou vítimas de trata. […]