AD

psdg

17 Resultados / Página 1 de 2

Fondo
AD

Actualidad

O PSdeG denuncia dous meses de inacción do goberno de Sanmartín tras o desprendemento na rúa Berlín

Marta Abal advirte de que as medidas adoptadas polo goberno da señora Sanmartín son “claramente insuficientes” e non garanten a seguridade. A concelleira socialista pregunta “que ten que pasar” para que o Concello actúe e evite novos desprendementos. Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a inacción do goberno da señora Sanmartín tras o desprendemento producido a mediados de xaneiro na intersección da rúa Berlín coa rúa Lisboa, cando as […]

today12 marzo, 2026

Actualidad

PSdeG: «Declarar Santiago zona tensionada non resolverá por si soa o problema da vivenda»

Marta Abal advirte de que declarar Santiago zona tensionada non resolverá por si soa o problema da vivenda e insiste na necesidade de medidas complementarias. A concelleira socialista alerta de que en Santiago “non hai vivenda para alugar a prezos accesibles” e reclama actuar xa sobre o parque de vivenda baleira. As e os socialistas denuncian a falta de ambición nas políticas de vivenda e esixen á Xunta e ao Concello actuar con máis decisión e coordinación. Santiago de Compostela, […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia a deixadez do bipartito co patrimonio escultórico de Santiago

Marta Abal critica o estado do conxunto escultórico de Leopoldo Nóvoa en Bonaval e reclama a súa restauración inmediata. A concelleira socialista advirte dun “patrón preocupante” de abandono e falta de mantemento do patrimonio artístico da cidade. Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a deixadez do goberno bipartito do BNG e Compostela Aberta co patrimonio escultórico da cidade e reclamou unha actuación inmediata para garantir a súa conservación e […]

today10 marzo, 2026

Actualidad

O PSdeG de Santiago denuncia o abandono “insostible” do parque empresarial da Sionlla

Marta Abal advirte de que o deterioro afecta á imaxe de Santiago e á súa capacidade para atraer investimento. As e os socialistas preguntarán no pleno cando prevé o Goberno da señora Sanmartín completar a constitución definitiva do organismo encargado do mantemento da área empresarial. Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026. O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno deste xoves unha pregunta sobre a situación do parque empresarial da Sionlla e os atrasos na constitución da súa Entidade […]

today24 febrero, 2026

Actualidad

Besteiro cualifica a caída de Altri como “un gran éxito para Galicia”

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou este martes que o arquivo do proxecto da macrocelulosa de Altri por parte da Xunta supón “unha victoria para Galicia fronte a un proxecto que o país nin quería nin necesitaba” e representa, ao seu xuízo, “o gran fracaso industrial” do presidente autonómico, Alfonso Rueda. Besteiro sostivo que Altri era “o proxecto estrela” do titular da Xunta, “o mascarón de proa co […]

today20 febrero, 2026

Actualidad

Marta Abal: «Os centros socioculturais de Santiago viven o peor momento da súa historia»

O Grupo Municipal Socialista esixirá no pleno deste mes que o Concello asuma de forma transitoria a xestión directa se a licitación queda deserta, como única vía para poñer fin á parálise do Goberno Bipartito e recuperar o servizo canto antes. Os socialistas defenden esta medida excepcional como garantía para protexer os dereitos das persoas usuarias e das máis de 60 traballadoras e traballadores que permanecen atrapados nunha situación sen solución. Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026. O […]

today20 febrero, 2026

Actualidad

Bouza reclama a Rueda que cumpra co centro de saúde do Castiñeiriño tras case tres anos de atraso

O deputado socialista, Aitor Bouza, denuncia que a saturación da Atención Primaria non é unha situación puntual, senón o resultado dun modelo sanitario que está deteriorando progresivamente o sistema público e empurrando á cidadanía cara á sanidade privada. O PSdeG esixe que se garanta o acceso á médica ou médico de cabeceira nun prazo máximo de 48 horas e anuncia unha iniciativa específica no Parlamento para desbloquear a creación do centro de saúde do Castiñeiriño, comprometido polo PP e aínda […]

today13 febrero, 2026

Actualidad

O PSdG endurece as críticas ao BNG e CA: «Santiago está paralizada e sen rumbo»

Gumersindo Guinarte fixo un balance crítico da xestión do bipartito, advertindo da falta de planificación, liderado e capacidade de anticipación nun momento clave do mandato. Os socialistas sinalan que a limpeza, o mantemento das rúas, a falta de efectivos en Policía e Bombeiros e o peche dos Centros Socioculturais son exemplos evidentes dunha xestión que non está a garantir os servizos básicos á cidadanía. O voceiro socialista denuncia a ausencia de avances reais en vivenda e mobilidade, con promesas como […]

today12 febrero, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia o deterioro “inaceptable” do campo de fútbol de Conxo

A concelleira socialista Marta Abal alerta da falta de mantemento e das deficiencias que afectan á seguridade e á dignidade das persoas usuarias dunha instalación clave para o deporte base en Santiago. Os socialistas anuncian que levaron a reforma integral á negociación dos orzamentos municipais e advirten de que non aceptarán solucións parciais nin actuacións sen planificación, recursos suficientes e calendario definido. Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026. A concelleira socialista Marta Abal advertiu do “deterioro absolutamente inaceptable” […]

today11 febrero, 2026

AD