AD

psoe

155 Resultados / Página 1 de 18

Fondo
AD

Actualidad

Guinarte rexeita que se culpe só a Ryanair da caída do turismo en Santiago

Gumersindo Guinarte advirte de que os datos de inicio de 2026 son “moi preocupantes” e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade como destino. O voceiro socialista insta a mellorar mantemento, limpeza e mobilidade e a recuperar o pulo cultural para evitar que Compostela sexa só un lugar de paso. Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu da preocupación das e dos socialistas polos datos turísticos rexistrados no inicio […]

today8 marzo, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia dous anos de “promesas incumpridas” da Xunta con Santiago

Bernardo Fernández acusa á Xunta de deixar Santiago sen resposta en vivenda e educación e asegura que os orzamentos autonómicos “non dan resposta ás necesidades da cidade”. Patricia Iglesias alerta da falta de aposta industrial da Xunta pola capital galega e advirte de que Santiago non pode vivir só do turismo nin quedar sen solo para atraer empresas, denunciando que tras dous anos de goberno de Rueda segue sen avances reais. Aitor Bouza sinala o colapso sanitario, o bloqueo do […]

today6 marzo, 2026

Destacado

Será Pedro Blanco o candidato socialista en Santiago? Aitor Bouza pronúnciase

O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Santiago e deputado no Parlamento galego defende reforzar a Atención Primaria en 48 horas, esixe responsabilidades polo colapso sanitario e carga contra o “desgoberno” municipal mentres o partido prepara as primarias. O secretario xeral dos socialistas composteláns e deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, fixo balance dos seus primeiros catro meses na Cámara autonómica cunha mensaxe clara: a prioridade é a sanidade pública e, máis concretamente, o colapso das urxencias e da Atención […]

today2 marzo, 2026

Actualidad

O PSdeG critica a xestión municipal e alerta dun “mandato perdido para Santiago”

O voceiro socialista Gumersindo Guinarte avanzou que o seu grupo centrará o debate na análise da acción do goberno local ao longo do mandato, marcado, ao seu xuízo, pola parálise na xestión municipal e pola incapacidade do goberno local para converter anuncios en políticas efectivas. Os socialistas poñerán sobre a mesa o deterioro dos servizos públicos esenciais, a ausencia dunha política municipal de vivenda con resultados e a perda de fondos europeos como exemplos dunha xestión que consideran fallida. O […]

today10 febrero, 2026

Actualidad

Un equipo feminino queda sen xogar tras dúas horas esperando ao frío en Santiago

  A concelleira Marta Abal cualifica como “absolutamente inaceptable” que a SD A Gaiola se atopase coas portas pechadas malia ter autorización por escrito do Concello. Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2026. O Grupo Municipal Socialista denuncia o “ninguneo sistemático” do goberno de Goretti Sanmartín ao deporte feminino de base, tras impedir a celebración dun partido oficial da SD A Gaiola no pavillón de Monte dos Postes. A concelleira socialista Marta Abal cualifica como “bochorno” o vivido este […]

today11 enero, 2026

Destacado

O debate político en Santiago crece pola parálise no pago de facturas e incluso polo 25N

O espazo de análise política Hai Debate en Radio Líder Santiago reuniu este luns a representantes dos catro grupos políticos con presenza no Concello de Santiago para abordar dous asuntos que marcaron a actualidade municipal: a polémica protesta da CIG diante da sede do Partido Popular con motivo do 25N e a decisión do Pleno de non aprobar o pago de 1,3 millóns de euros en facturas atrasadas a provedores e autónomos. No debate participaron Xan Duro (Compostela Aberta), Marta […]

today1 diciembre, 2025

Actualidad

Bouza reclama o cese do xerente do Sergas ante o “colapso absoluto” das urxencias do CHUS

Aitor Bouza, elevou o ton contra a Xunta ao denunciar un “colapso absoluto” nas urxencias do CHUS e advertir de que a saturación xa responde a problemas “estruturais” na sanidade pública galega. O deputado reclamou o cesamento inmediato do xerente do Sergas e acusou ao Goberno de Rueda de practicar “negacionismo” fronte a unha situación que cualifica de “insostible” para pacientes e profesionais. O deputado no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, esixiu este […]

today29 noviembre, 2025

Actualidad

Marta Abal acusa á Xunta e ao Concello de frear o desenvolvemento industrial de Santiago

A concelleira socialista advertiu de que os atrasos na Sionlla deixaron Santiago sen solo industrial e sen capacidade para competir na captación de novas empresas, unha situación que atribúe á falta de avances tanto da Xunta como do Concello. Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025. A concelleira socialista Marta Abal alertou este mércores dunha “parálise preocupante” tanto por parte da Xunta de Galicia como do Concello de Santiago na ampliación e na xestión do polígono da Sionlla, unha […]

today19 noviembre, 2025

Actualidad

Guinarte acusa ao bipartito de «bloquear» proxectos pactados e de «incumprir» os acordos orzamentarios

O voceiro socialista reclama avances reais antes de iniciar a negociación dos orzamentos de 2026 e critica a falta de execución en áreas claves como transporte, ciclo da auga, vivenda, urbanismo, educación e deporte. Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu hoxe de que varios dos compromisos incluídos nos acordos orzamentarios de 2024 e 2025 “seguen sen cumprirse”, tras a reunión mantida co Goberno local para valorar o estado de […]

today14 noviembre, 2025

AD