Frades destina máis de 33.000 euros en axudas ás entidades sen ánimo de lucro do municipio
O Concello de Frades vén de convocar as axudas económicas a entidades culturais, clubs deportivas, asociacións de veciños e calquera outra entidade de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal (Anpa, Asociación de Mulleres Rurais, grupos folclóricos...). Unhas axudas ás que destinará un total de 33.450 euros e que poden solicitarse durante o prazo dun mes, a contar dende o mércores 19 de xuño. O alcalde, Roberto Rey, explica que “os criterios que se aplicarán para a […]