AD

radio lider santiago

1185 Resultados / Página 34 de 132

Fondo
AD

Actualidad

O Trail da Baña celebrarase o domingo 6 de outubro

As inscricións xa están abertas na páxina carreirasgalegas.com Conta cunha carreira absoluta de 28 quilómetros, un minitrail de 16Km, un trial promesa de 8Km e unha andaina non competitiva Poden participar todas as persoas que o desexen, federadas ou non O Trail da Baña chegará o domingo 6 de outubro á súa sétima edición, a primeira na que será puntuable para o ranking do Circuíto Galicia Trail Running Series, dependente da Federación Galega de Atletismo. O presidente deste organismo, Iván […]

today7 agosto, 2024

Actualidad

Recollida de alimentos a favor do Refuxio de Bando dentro da campaña 12 Comercios, 12 Sensibilidades

A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" segue demostrando como o comercio local e as iniciativas comunitarias poden ir da man para xerar un impacto positivo. Este mes, a atención céntrase en Maravalla, unha tenda de cosmética natural, e o Refuxio de Bando, un centro de acollida de animais. Ambos uníronse para fomentar o apoio aos negocios locais e a adopción responsable de mascotas, mostrando como a colaboración pode beneficiar tanto ás persoas como aos animais na nosa comunidade. Ana Porto, […]

today6 agosto, 2024

Actualidad

Ames convén cunha entidade bancaria a cesión de 68 vivendas para alugueiro social

Das 68 vivendas están dispoñibles 54, das cales na actualidade foron adxudicadas 19 e 23 están na fase final do proceso. As restantes (12) están pendentes da corrección de concordancias no catastro Os requisitos que deben cumprir as familias beneficiarias son contar con recursos económicos comprendidos entre o 0,7 e 0 2,5 do IPREM, con prioridade ás persoas pertencentes a colectivos vulnerables A concelleira de Benestar Social, Uxía García: “Desta maneira damos resposta aos veciños e veciñas sen recursos que […]

today6 agosto, 2024

Actualidad

Gran asistencia de público á recreación da histórica Batalla de Ponte Ledesma

Boqueixón, 5 de agosto de 2024.- O campo do río de Ponte Ledesma acolleu na tarde de onte domingo a recreación da histórica “Batalla de Ponte Ledesma”, organizada polo Concello de Boqueixón. Un evento que recrea o enfrontamento que tivo lugar nese mesmo lugar nos primeiros días marzo de 1809 entre a veciñanza da zona, liderada pola Xunta de Trasdeza, e as tropas napoleónicas. Como vén sendo habitual, a recreación estivo dirixida polo actor Suso Martínez e o músico Manoele […]

today5 agosto, 2024

Actualidad

“O éxito das Festas do Apóstolo avala o acerto de apostar por que a veciñanza as faga súas»

Tras as Festas do Apóstolo, a concelleira desta área, Pilar Lueiro, fai unha valoración “altamente positiva” da programación baseándose “na considerable afluencia de público en todas as actividades, que é o indicador máis evidente e palpábel deste éxito”. Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2024.- Pilar Lueiro asegurou que “neste 2024 iniciamos un ciclo, unha forma de enfocar as festas en que apostamos por que a veciñanza as faga súas, cun programa inclusivo, moi diverso, con actividades para todos […]

today3 agosto, 2024

Actualidad

El corredor Brión-Noia pasará a ser una autovía

El Diario Oficial de Galicia ha publicado este viernes el anuncio de la Xunta informando sobre el informe de impacto ambiental favorable para el proyecto de conversión del corredor Brión-Noia en autovía. Tras analizar el proyecto constructivo del tramo comprendido entre los puntos kilométricos 11,640 y 21,300, y considerar las alegaciones presentadas junto con los informes emitidos por los órganos sectoriales, la Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sustentabilidade ha emitido un informe favorable. Según el dictamen, no se prevén […]

today2 agosto, 2024

Actualidad

«Se os edís do PSOE pasan ao grupo de non adscritos ábrese un novo escenario político en Santiago»

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024.- Borja Verea, portavoz municipal do Partido Popular no Concello de Santiago e presidente dos populares na capital galega, criticou duramente a xestión das Festas do Apóstolo 2024 durante unha entrevista este xoves en Radio Líder Santiago. Verea cuestionou a calidade e a organización das celebracións, e presentou as propostas do seu partido para mellorar estes eventos no futuro. Borja Verea comezou a súa intervención criticando a ubicación dos fogos artificiais e a […]

today1 agosto, 2024

Actualidad

Xa está aquí unha nova edición do Feito a Man

O FaM2024 celébarse do 3 ao 24 de agosto, promovido pola Asociación Cultural Cidade Vella coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, e apoiado por outras empresas colaboradoras. Trece escenarios ubicados por toda a cidade vella acollerán máis de corenta propostas artísticas de diferentes estilos musicais. O escenario central será novamente o NARF e ubícase na praza da Quintana e en Praterías. Baixo o lema "a cidade paralela, aquela que nos habita", o festival celebra o […]

today1 agosto, 2024

Actualidad

Santiago aproba o destino dos remanentes e avanza na creación dun parque de vivenda pública

31/07/2024 No Pleno extraordinario do Concello de Santiago celebrado esta mañá aprobouse o expediente de crédito extraordinario que permitirá empregar os remanentes para a adquisición de bens inmobles no ámbito do Plan Especial PE-1 para o uso como vivenda pública, actuacións e obras urxentes no ámbito urbano e rural, ou o avance na xestión do ciclo integral da auga. En total, o expediente recolle partidas por un importe total de 6.779.998,82 euros que estará financiado na súa totalidade con remanente líquido […]

today1 agosto, 2024

AD