AD

radio lider santiago

1178 Resultados / Página 55 de 131

Fondo
AD

Actualidad

Concello de Teo e Xunta traballan para implementar de forma urxente o servizo dun bus lanzadeira

Con este servizo búscase conectar os núcleos da Ramallosa, Cacheiras e Montouto coa liña 6 do bus urbano, que actualmente chega ata Os Tilos Preto de 9.000 persoas que viven neses núcleos teenses beneficiaríanse desa conectividade coa capital galega, cuxo transbordo sería gratuíto para os usuarios Teo, 11 de xuño de 2024.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, mantivo esta mañá unha xuntanza coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla, para presentarlle a súa proposta de bus […]

today11 junio, 2024

Actualidad

Reforma integral do Vero Boquete por 9,3M€ para converter Santiago «na capital do deporte»

11/06/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa un proxecto de reforma integral para o Estadio Municipal Verónica Boquete, ubicado no compostelán barrio de San Lázaro. Trátase dun plan cuxo investimento acadaría os 9,3 millóns de euros, un proxecto "ambicioso" a medio e longo prazo que este Goberno quere abordar para converter Compostela "na capital do deporte". Non en van, o primeiro chanzo deste proxecto suporá a reforma das cubertas do estadio, cunha dotación de […]

today11 junio, 2024

Actualidad

O Noia Harp Fest convoca o III Premio Internacional Portus Apostoli

A obra gañadora do certame recibirá 2.500 euros e a súa estrea oficialterá lugar no 2025, durante a 12ª edición do evento O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia presentará o luns 17, ás 12.30 horas, a programación da súa 11ª edición, que se celebrará do 8 ao 10 de agosto Noia, 11 de xuño de 2024.- O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, coñecido como Noia Harp Fest, vén de publicar na súa páxina web as bases da terceira […]

today11 junio, 2024

Actualidad

VIDEO | O Pazo da Peregrina acollerá o VII Festival Ames Jazz os días 5 e 6 de xullo

A iniciativa englobará os concertos de María Toro Trío e de Kin García Quinteto, así como a proxección do documental “A film about kids and music: Sant Andreu Jazz Band” e o faladoiro “Dende Galicia para o Mundo” A  técnica do departamento de Cultura, María Vázquez, sinalou que a programación responde á intención da organización de “facer un cartel paritario a nivel artístico” O concelleiro de Cultura e alcalde de Ames, Blas García, sinalou “a nosa intención é seguir traballando […]

today11 junio, 2024

Actualidad

A praza da Mahía acolle este sábado o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”

A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango Terá lugar o sábado 15 de xuño, ás 20:30 horas, na praza da Mahía de Bertamiráns Ames, 11 de xuño de 2024.- Este sábado, 15 de xuño, ás 20:30 horas, terá lugar na praza da Mahía de Bertamiráns o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”. A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes […]

today11 junio, 2024

Actualidad

Os centros socioculturais de Santiago «viven o verán» con máis de 25 actividades distintas

11/06/2024 A Rede de Centros Socioculturais prepárase para uns meses moi intensos, con ducias de actividades no programa "Vive o verán". Música en directo, exposicións, actividades deportivas ou roteiros, fan parte dunha proposta na que se prevé a participación de máis de 3.000 persoas, "pensada para chegar a públicos moi diversos, e que ten como obxectivo que os veciños e veciñas desfruten do verán redescubrindo o seu municipio, con actividades de lecer, educativas, e que fomentan as relacións sociais e o […]

today11 junio, 2024

Actualidad

Santiago abre o prazo de solicitude dos permisos para as cacharelas e sardiñadas de San Xoán

11/06/2024 Todas as persoas que queiran organizar cacharelas e/ou sardiñadas pola noite de San Xoán, tanto en terreos de propiedade privada como pública, poderán solicitar os permisos correspondentes ata as 23:59 horas do vindeiro 20 de xuño. Tanto para as persoas, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada nun espazo público da súa zona de residencia, como para os particulares que vaian facer esa cacharela ou sardiñada nun terreo dunha propiedade privada, a solicitude poderá facerse ata o […]

today11 junio, 2024

Actualidad

Comunicado da Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA sobre os “Seráns en Feixóo”

Comunicado da Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA sobre os “Seráns en Feixóo” “Seráns en Feixóo” son unha serie de concertos gratuítos que se celebran do 25 de maio ao 28 de xuño, segundo aparece no sitio web santiagoturismo.com, dentro do apartado da Axenda Cultural. A gratuidade non existe e o único fin dos concertos é encher as terrazas dos seus promotores. Cando se fala de “concertos ao aire libre e para marchosos”, está claro que a contaminación acústica dunha […]

today11 junio, 2024

Actualidad

O cantautor compostelán Xosé Constenla lanza ‘Para non esquecer’, o seu sexto traballo discográfico

Trátase dunha colección de cancións baixo a temática da recuperación da memoria histórica Foi gravado -parcialmente- no que foi un campo de concentración franquista na Pobra do Caramiñal O proxecto inclúe, ademáis das cancións, un vídeo que xa circula polas redes e un libro que será presentado este sábado 15 de xuño A Casa do Taberneiro, situada no barrio de San Pedro, acollerá este sábado 15 de xuño ás 12:30 horas, a presentación do novo traballo discográfico do cantautor Xosé […]

today11 junio, 2024

AD