AD

radio lider santiago

1178 Resultados / Página 73 de 131

Fondo
AD

Actualidad

Medrar en poboación e en empresas, os retos do novo goberno de Rianxo

Este mércores participaba en Radio Líder Santiago o alcalde do Concello de Rianxo, Julián Bustelo, para abordar distintos asuntos da actualidade municipal, con Álvaro Veiga, cando está a piques de cumprirse o seu primeiro ano de goberno. Bustelo chegaba a coller o bastón de mando tras ser o candidato de Rianxo en Común, a forza máis votada nas pasadas eleccións conseguindo 5 concelleiros, o mesmo número de edís que o PSOE e o PP, xunto aos dous logrados polo BNG. […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Estas son as novidades formativas na Escola Mestre Mateo de Santiago

Ofértanse 15 prazas e o alumnado beneficiario compaxinará a súa formación académica nesta Escola de Arte e Superior de Deseño coa práctica en distintas firmas de xoiería e ourivería colaboradoras a partir do 3º curso A Xunta de Galicia vai reforzar, de cara ao vindeiro curso, a oferta académica formativa na Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Mestre Mateo de Santiago, coa incorporación dunha nova promoción de alumnado da modalidade dual para o itinerario Xoiaría e Complementos da […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o “tapiado” das fincas na rúa Ponte Romaño

“Os veciños se preguntan como cre o Concello que poderán facer as limpezas das fincas, tal como xa lles están esixindo, se non teñen por onde entrar ás mesmas”, subliñou o popular. De la Fuente recalca que “esta situación ven a confirmar a ineptitude na xestión e as actitudes intransixentes e pouco dialogantes do BNG”. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, visitou a rúa da Ponte do Romaño co fin de atender as queixas […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

VIII Trofeo de Ciclismo Concello do Pino, este sábado 12 de maio

O Concello de O Pino acollerá o próximo sábado, 12 de maio, a sexta edición do desafío ciclista Trofeo de Ciclismo de Santiago. A competición é organizada polo Club Ciclista de Santiago e está destinada a categorías Máster 30, 40, 50 e 60, cun total de 69,2 quilómetros de percorrido. A proba, que forma parte da Challenge, xunto coa primeira cita en Ordes, contará tamén cunha clasificación independente. A saída está programada para as 10:45 horas.

today8 mayo, 2024

Actualidad

Comezan as Festas da Ascención co concerto da Panorama e ‘Los 40 Santiago Pop’

Imaxe: David Otero (arquivo) 08/05/2024 As festas compostelás por excelencia arrancarán hoxe co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00 h, figuras do panorama musical actual como David Otero, Bombai ou Lontreira. Seguirá a troula coa orquesta Panorama que ofrecerá o seu espectáculo a partir das 22:30 horas na praza do Obradoiro. Fillas de Cassandra e Billie Marten son outras das actuacións destacadas das Festas deste ano, así como a celebración […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

O auditorio do Milladoiro acolleu os Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas

Ames, 8 de maio de 2024.- A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu onte a segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas. O evento foi organizado por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas en colaboración co Concello de Ames e e coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Con esta actividade, a entidade brindou recoñecemento sectorial a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellados ás artes escénicas de […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Todo o que debes saber para participar no primeiro concurso ‘Baila con Ames’

Trátase dunha nova iniciativa que se suma ao concurso Canta con Ames que este verán celebrará xa a súa cuarta edición. Para inscribirse no Baila con Ames hai que presentar no rexistro municipal os impresos de inscrición. Tamén hai que enviar un vídeo casting ao enderezo de correo electrónico amesnarua@gmail.com. O prazo de inscrición estará aberto dende o día seguinte da publicación das bases do concurso no BOP e ata o 10 de xuño Establécense dúas categorías: individual ou parellas; […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

A Baña celebra o ‘Mes das Letras’ cunha homenaxe á exprofesora María Jesús Álvarez Ramos

O xoves celebrarase unha xornada de convivencia para o CPI A Baña en Agra de Chans coa actuación de Luis Vallecillo O venres 17, Día das Letras Galegas, homenaxearase á exprofesora María Jesús Álvarez Ramos na casa da cultura A carballeira de Seilán acolle o domingo 19 a Festa da Re-Volta A Baña. 8-05-2024.- No marco da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello da Baña pon en marcha o Mes das Letras, un programa de actividades dirixido a […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Axudas dispoñibles para clubs e asociacións deportivas de Ames

A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 80.000 euros A convocatoria de axudas está destinada a promover as actividades desenvolvidas polas asociacións e clubs deportivos do concello de Ames. Deste xeito, poderán ser subvencionadas as actividades de índole deportiva desenvolvidas por estas entidades, así como a adquisición de material inventariable cun límite dun 20% do orzamento total A estas axudas poden optar as asociacións e clubs deportivos existentes no concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren […]

today8 mayo, 2024

AD