AD

radio lider santiago

1128 Resultados / Página 75 de 126

Fondo
AD

Actualidad

Radio Valga celebrará o seu 25° aniversario cunha festa o 17 de maio

A banda de música e a radio municipal de Valga celebran o vindeiro 17 de maio o seu 25 aniversario, para o cal organizan unha xornada chea de actividades gastronómicas, culturais e lúdicas, no Parque Irmáns Dios Mosquera. A programación comezará ás 13 horas, cun concerto da Banda, e a continuación celebrarase un xantar cun menú de polbo, churrasco, sobremesa e café. Para participar hai que facer o pago na conta ES97 2080 5447 1230 4010 3378 ou a través […]

today30 abril, 2024

Actualidad

BNG: «É un retroceso sen precedentes eliminar a Secretaría Xeral de Igualdade»

Noa Presas asegura que a división en dúas dirección xerais é unha mostra máis da submisión ao PP de Madrid, “que fai seguidismo da extrema dereita”     Santiago de Compostela, 30 de abril, 2024.  A deputada do BNG Noa Presas considera que a eliminación da Secretaría Xeral de Igualdade do novo organigrama da Xunta supón “un retroceso sen precedentes” na defensa dos dereitos das mulleres, un “novo paso atrás” que, na súa opinión, demostra a submisión do Goberno de Rueda ao […]

today30 abril, 2024

Actualidad

As obras da depuradora de Urdilde (Rois) estarán rematadas no verán

Ramón Tojo estivo acompañado da tenente de alcalde, Mercedes Basante, e do xefe de obra de Proyecon Galicia, Ignacio Rivas Rois. 30-4-2024. Os traballos de construción da nova depuradora de Urdilde marchan a bo ritmo e rematarán este verán. O peche perimetral de pedra está acabado e Proyecon Galicia xa comezou co recheo da zona e o acondicionamento no terreo exterior ao muro, segundo puido comprobar onte o alcalde, Ramón Tojo, na visita que fixo ás obras, que contan cun […]

today30 abril, 2024

Actualidad

Melide contará cun Club de Saúde orientado a pacientes con cancro

Trátase dun programa de intervención sociocomunitaria deseñado especificamente para as contornas máis rurais, que ten o obxectivo de fomentar a saúde integral de persoas afectadas por enfermidades Melide, 30 de abril de 2024.- A Asociación Española Contra o Cancro na provincia de A Coruña presentou onte os seus novos Clubs de Saúde, un programa de intervención sociocomunitaria deseñado especificamente para as contornas máis rurais, que ten o obxectivo de fomentar a saúde integral de persoas afectadas por enfermidades ou situacións […]

today30 abril, 2024

Actualidad

As rúas de Padrón contan con novas papeleiras fabricadas con tapóns solidarios

O alcalde Anxo Arca e a concelleira Ana Castro presentaron os novos colectores que ademais de contribuír á reciclaxe buscan dar visibilidade á enfermidade de Dent e axudar á investigación Padrón. 29-04-2024.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Urbanismo, Ana Belén Castro, asistiron este luns 29 abril á presentación das novas papeleiras realizadas en colaboración con Art for Dent. Xunto a Ana Isabel Lapido, de Netcycle, e a María Castelao, de Art for Dent, percorreron as […]

today30 abril, 2024

Actualidad

VIDEO | Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a cargo de Esther Estévez, madriña desta iniciativa e coñecida comunicadora do “Digocho eu” da TVG O certame trata de chegar a toda a poboación galega con dúas categorías, unha para adultos e outra para estudantes O XII Certame de Microrrelatos Feiraco para celebrar o Día das Letras Galegas foi presentado esta mañá na librería compostelá […]

today30 abril, 2024

Actualidad

O BNG pide unha comisión de investigación sobre os contratos da Xunta durante a pandemia

Iago Tabarés apela á rexeneración democrática e empraza ao Goberno do PP a rectificar nunha aposta pola transparencia e o respecto institucional O deputado do BNG aclara que o Consello de Contas só fiscalizou unha pequena parte dos contratos e advirte  das “actuacións non axustadas á lei” que detectou Santiago de Compostela, 30 de abril, 2024.  O BNG vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa para solicitar formalmente a creación dunha comisión de investigación sobre os contratos asinados pola Xunta mediante […]

today30 abril, 2024

Actualidad

VIDEO | Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio

30/04/2024 As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto de concertos e actuacións musicais para todos os gustos, monicreques, drons e eventos deportivos, sen esquecer a vertente máis tradicional con citas como a comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os Cantos de Taberna. A orquesta Panorama, Fillas de Casandra ou Billie Marten son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 […]

today30 abril, 2024

Actualidad

Charlas sobre a velutina nos Centros Socioculturais do rural de Santiago

30/04/2024 A Concellaría de Centros Socioculturais pón en marcha un programa de charlas informativas sobre a avespa velutina, para achegarlle a veciñanza as claves para entender e xestionar a presenza desta especie invasora. Haberá sete encontros noutros tantos centros socioculturais do rural, o primeiro deles o próximo sábado, 4 de maio, no CSC da Grixoa. As charlas informativas correrán a cargo de Xesús Feás, doutor en Ciencias Veterinarias, membro da Academia Galega de Ciencias Veterinarias, e experto en velutina. O obxectivo […]

today30 abril, 2024

AD
0%