A Estrada despide a primeira Rapa das Bestas BIC, con público de EE.UU., México ou Hong Kong
Dende o Concello apláudese a boa sintonía e implicación coa Asociación Rapa das Bestas e o bo funcionamento do Plan de Emerxencias activado para estes días de Festa de Interese Turístico Internacional. A análise da venta de entradas a través de internet permite observar a proxección mundial que ten a Rapa, con billetes adquiridos dende países como Estados Unidos, Hong Kong, Alxeria, México, Colombia, Alemaña, Italia ou Reino Unido, entre outros. Os de Sabucedo non dubidaron en ir buscar […]