Recuperan no río Tambre en Brión o corpo dun home de 64 anos
Efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil localizaron e recuperaron este mediodía o corpo sen vida dun home de 64 anos nas augas do río Tambre, ao seu paso polo lugar de Ponte Insua, na parroquia de Ons, no municipio de Brión. O operativo iniciouse na tarde-noite do venres, despois de que un veciño da zona alertase ás autoridades ao atopar un vehículo estacionado coas portas abertas e sen ninguén no seu interior, nun punto próximo […]