Fidel Buceta, presidente das Festas da Ponte (Padrón): «As Cucañas deberían ser de Interese Turístico»
A celebración, que ten lugar os días 15 e 16 de agosto na honra a San Roque, aposta pola tradición, o xogo comunitario e o atractivo turístico dunha vila que busca o recoñecemento institucional para as súas históricas e centenarias cucañas. As Festas da Ponte, no concello de Padrón, regresan este mes de agosto cunha programación chea de tradición, participación e espírito comunitario. Os días grandes serán o 15 e 16 de agosto, pero o arranque oficial será o día […]