AD

Santiago de Compostela

424 Resultados / Página 22 de 48

Fondo
AD

Destacado

PPdG condena os “intolerables” insultos e presións contra traballadoras do PP e contra o director de Radio Líder Santiago

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) expresou este martes a súa “condena máis rotunda e enérxica” polos incidentes rexistrados no exterior da sede do partido en Santiago de Compostela durante a concentración do 25-N "convocada polo BNG a través da CIG". Segundo denunciou a formación, a protesta derivou en “intolerables feitos” que incluíron coaccións e increpamentos a traballadoras do PP compostelán e tamén a xornalistas que estaban a cubrir o acto, entre eles profesionais de Radio Líder. O PPdeG lamenta […]

today25 noviembre, 2025

Actualidad

UCIN denuncia a presión da CIG a traballadoras do PP e a un xornalista de Radio Líder Santiago

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025.- UCIN Galicia expresou hoxe a súa máis firme condena polos feitos acontecidos durante a manifestación convocada pola CIG, que decidiu rematar a súa protesta diante da sede do Partido Popular de Santiago. Segundo o partido, esta decisión xerou “unha situación de tensión absolutamente innecesaria e impropia dun sindicato que asegura defender os dereitos das mulleres e das traballadoras”. A formación considera inadmisible que varias profesionais que traballaban no interior da sede popular […]

today25 noviembre, 2025

Actualidad

A CIG leva a protesta do 25N á sede do PP e obriga a pechar traballadoras baixo protección policial

• Ante a situación vivida hoxe, dende o PP de Santiago reclamámoslle ao BNG e CA que condenen esta actitude do sindicato nacionalista e que manifesten se lles parece normal que compañeiras estean pechadas na sede popular, protexidas por axentes antidisturbios. • “É unha total incoherencia -explicou a concelleira María Baleato- que unha protesta a favor dos dereitos das mulleres teña como obxectivo protestar ante varias traballadoras que só están a cumprir as súas funcións”. • O sindicato nacionalista repartiu […]

today25 noviembre, 2025 2

Actualidad

PP e PSOE acusan ao bipartito de «neglixente» e este responde: «Acudide á xustiza»

O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago abordou esta semana un balance do pleno extraordinario do pasado venres, centrado no pago das horas extra de policías locais e bombeiros, e unha segunda parte dedicada á situación das zonas industriais da capital, coa falta de solo empresarial e o novo Parque Empresarial da Lavacolla como principais temas de discusión. Participaron Pilar Lueiro (BNG), Marta Abal (PSOE), María Rozas (Compostela Aberta) e Olaya Otero (PP), representantes dos catro grupos con representación […]

today24 noviembre, 2025

Actualidad

La Grazia, de Paolo Sorrentino, gaña o Premio do Público de Cineuropa

A trixésimo novena edición de Cineuropa pechou este novembro cunha resposta histórica: máis de 17.000  asistencias ao longo de 17 días de proxeccións e actividades, o que supón un incremento superior ás 2.500 persoas respecto ao ano pasado —máis dun 17%— e sitúa o festival a tan só un 3 % das cifras de 2019. Ademais, vendéronse 547 bonos, a cifra máis alta do último lustro. A media diaria de espectadores foi de 1.022 asistentes e  cada película congregou de […]

today24 noviembre, 2025

Actualidad

Guinarte reclama medidas urxentes ante o déficit de aparcamento no CHUS

O voceiro socialista advertiu da “situación insostible” que viven pacientes, familiares e profesionais no contorno do CHUS debido ao grave déficit de aparcamento, e reclamou que Xunta e Concello actúen con urxencia para cumprir os compromisos anunciados e mellorar a mobilidade na área hospitalaria. Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista leva ao Pleno de novembro unha proposición para impulsar medidas urxentes que melloren a mobilidade no contorno do Hospital Clínico Universitario de Santiago, unha […]

today24 noviembre, 2025

Actualidad

O IES Rosalía convoca o VIII Premio Stephen Hawking, coordinado por Mar Capeáns

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, convoca o VIII Premio Stephen Hawking, que tamén patrocinan entidades privadas como Feiraco, Finsa e Ternera Gallega Este certame contempla a realización de traballos orixinais de investigación ou de divulgación asinados por estudantes de bacharelato, relacionados co tema de carácter científico proposto na convocatoria. Cada ano, ademais, o Premio Stephen Hawking conta cunha persoa de […]

today21 noviembre, 2025

Actualidad

Denuncian a apertura dun casino ‘camuflado’ como bar ao lado dun colexio en Santiago

A Asociación Veciñal Raigame alertou da colocación dunha lona anunciando a próxima apertura de Tiger Gaming no número 11 da rúa Fernando III o Santo, en Santiago de Compostela. Segundo explican, a empresa tería solicitado unha licenza de bar, mais a imaxe empregada —cun tigre e a marca “Gaming”— e a publicidade difundida fan sospeitar que se trata en realidade dun local vinculado ao xogo online. A instalación está situada xusto ao lado dun centro educativo, algo que incrementa a […]

today19 noviembre, 2025

Actualidad

Pepo Suevos celebra 25 anos de carreira cun espectáculo de ‘improvisación’ no Monte do Gozo

O humorista galego anuncia en Radio Líder Santiago unha actuación especial en Santiago o 11 de decembro: “Quero que esta cita marque e que Santiago volva ser referencia do humor galego” O humorista, actor e guionista Pepo Suevos está a celebrar un cuarto de século de carreira cunha xira que percorre Galicia baixo o título “25 anos de humor”, composta por 25 actuacións en homenaxe aos seus 25 anos nos escenarios. Entre todas as paradas, hai unha que destaca especialmente: […]

today19 noviembre, 2025

AD