A Policía Local de Santiago atende accidentes, festas e un incendio nun vehículo
A Policía Local de Santiago rexistrou numerosas incidencias ao longo da fin de semana, entre o venres 19 e a madrugada do luns 22 de setembro, relacionadas con accidentes de tráfico, probas de alcol e drogas, colaboracións con bombeiros e intervencións por festas e condutas incívicas. O venres 19 de setembro, ás 18:14 horas, unha motocicleta chocou a baixa velocidade contra a fachada dun inmoble na avenida de Vilagarcía, con resultado dun ferido leve. Xa ás 22:20 horas, na avenida […]