O PSdeG critica a xestión municipal e alerta dun “mandato perdido para Santiago”
O voceiro socialista Gumersindo Guinarte avanzou que o seu grupo centrará o debate na análise da acción do goberno local ao longo do mandato, marcado, ao seu xuízo, pola parálise na xestión municipal e pola incapacidade do goberno local para converter anuncios en políticas efectivas. Os socialistas poñerán sobre a mesa o deterioro dos servizos públicos esenciais, a ausencia dunha política municipal de vivenda con resultados e a perda de fondos europeos como exemplos dunha xestión que consideran fallida. O […]