AD

santiago e tapas

9 Resultados / Página 1 de 1

Fondo
AD

Actualidad

O XVII Santiago(é)Tapas supera as 33.000 tapas vendidas

O concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña entregará os seus premios o luns 16 de marzo no Auditorio de Galicia. Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Compostela, continúa a consolidar o seu éxito de participación e consumo. Nesta edición superáronse as 33.000 tapas vendidas, unha cifra que supón un incremento do 10% respecto ao ano anterior e confirma a boa acollida do público e a implicación dos establecementos participantes. O número de tapas vendidas nesta edición sitúase […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

Comeza Santiago(é)Tapas con 76 tapas a concurso

O XVII Santiago(é)Tapas, concurso organizado por Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, botou a andar este xoves tras a inauguración celebrada en O Sendeiro, un dos locais gañadores da pasada edición. Ao acto asistiron a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, a concelleira de Turismo, Miriam Louzao, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e representantes da Corporación municipal e das entidades e empresas que patrocinan e colaboran co certame. Un total de 76 tapas, oito máis […]

today20 febrero, 2026

Actualidad

O 19 de febreiro arranca Santiago(é)Tapas con 76 propostas de 48 locais

Un total de 76 propostas, oito máis que en 2025, de 48 locais, seis máis que na edición anterior, poderán degustarse en Compostela desde o xoves 19 de febreiro, cando comece o XVII Santiago(é)Tapas, o concurso que organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña. Estes locais están distribuídos en oito (é)Tapas que levan nomes dos Camiños de Santiago. Ademais, establecéronse tres rutas de interese especial: doce, vexetariana e sen glute. Cabe destacar que este é o único […]

today10 febrero, 2026

Actualidad

Máis locais e máis tapas no XVII Santiago(é)Tapas tras o peche de inscricións

Anotáronse ao concurso que promove e organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, 47 establecementos con 72 petiscos, superando as cifras da edición anterior. Onte pechou o prazo de inscrición para participar no XVII Santiago(é)Tapas, que nesta edición contará cun notable incremento de participación respecto ao ano pasado. En total, 47 locais composteláns inscribíronse no concurso que promove e organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, o que supón 5 establecementos máis que na edición anterior. Cómpre destacar […]

today10 enero, 2026

Actualidad

Arranca o período de inscrición do XVII Santiago(é)Tapas, que volverá en febreiro

A concelleira de Turismo, Miriam Louzao, anunciou no Pazo de Raxoi o inicio do período de inscrición do XVII Santiago(é)Tapas, concurso que promove e organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, e que se celebrará do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2026. Poderán participar todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas e dispoñan de espazo axeitado para […]

today27 octubre, 2025

Actualidad

O Sendeiro, Sessanta&Novanta e La Morena levan os premios principais do Santiago(é)Tapas

O XVI Santiago(é)Tapas, concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, xa ten as súas tapas gañadoras. A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acolleu esta tarde a entrega de premios nun acto conducido por Ainhoa Apestegui ao que asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e outros representantes da Corporación municipal; ademais do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria […]

today11 marzo, 2025

Actualidad

Na primeira fin de semana do Santiago(é)Tapas rexistráronse máis de 4000 votos

O XVI Santiago(é)Tapas, concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, recibiu nos 4 primeiros días un total de 4.180 votos do público. Unha cifra que supón o 40% do total de votos recollidos durante a toda a pasada edición, na que se contabilizaron algo máis de 10.000. Estes datos corroboran a gran afluencia de público que percibiron os 42 locais participantes desde o pasado xoves 13 de febreiro, cando se iniciou o concurso, até este […]

today18 febrero, 2025

Actualidad

Santiago(é)Tapas regresará en febreiro apostando polo produto de proximidade

Os locais de hostalaría que queiran participar no XVI concurso de tapas de Compostela poden anotarse ata o 8 de xaneiro na web santiagoetapas. A concelleira de Turismo, Miriam Louzao, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron esta mañá no Pazo de Raxoi a nova campaña de comunicación do Santiago(é)Tapas que se desenvolverá neste período de Nadal. Repartiranse máis de 60.000 manteis e carteis animando ao sector hostaleiro a participar neste concurso, que por segundo ano consecutivo, […]

today3 diciembre, 2024

Actualidad

La Morena gaña o premio á mellor tapa creativa de Santiago(é)Tapas

      12/03/2024 A XV edición de concurso de tapas de Santiago de Compostela, que se celebrou por primeira vez en febreiro, rematou con preto de 25.000 tapas consumidas nos locais participantes. O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde o acto de entrega de premios da XV edición de Santiago(é)tapas, organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela. O concurso celebrouse do 15 de febreiro ao 3 de marzo. Por primeira vez tivo lugar nestas datas, logo […]

today12 marzo, 2024

AD