AD

santiago

1046 Resultados / Página 48 de 117

Fondo
AD

Actualidad

A Cidade da Cultura estrea en xullo unha exposición internacional sobre os vikingos

A Cidade da Cultura de Galicia, situada na cima do monte Gaiás, segue a consolidarse como un referente cultural e arquitectónico de primeiro nivel. Deseñada polo recoñecido arquitecto Peter Eisenman, esta "cidade" está composta por edificios singulares interconectados que acollen unha programación variada e continua ao longo do ano. Entre as exposicións máis exitosas destaca Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum, unha exposición internacional que achega a Santiago o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta […]

today16 junio, 2024

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o deterioro ao que o BNG está condenando ao polígono da Sionlla

“Os nacionalistas deberían traballar para garantir que as empresas poidan desenvolver a súa actividade nun entorno axeitado e competitivo, subliñou, esta infraestrutura debe ser segura e atractiva para empresas, traballadores e clientes”. “Descoñecemos, pregúntase e popular, se o BNG teñen previsto activar por fin os mecanismos para por en marcha a entidade de conservación, así como si van a adoptar algunha medida para subsanar as deficiencias existentes mentres esta se constitúe, co fin de garantir que as empresas poidan levar […]

today14 junio, 2024

Actualidad

O Pazo de San Lourenzo acolle este domingo ‘Sabor a novo’ potenciando a artesanía galega e o comercio local

12/06/2024 Medio cento de marcas galegas de moda, xoiaría, cerámica, cestería, decoración ou mesmo alimentación participarán o próximo domingo 16 de xuño en "Sabor a novo", un evento que se celebrará no Pazo de San Lourenzo e no que tamén haberá música en directo, obradoiros de creación artesanal, e unha ampla oferta gastronómica. O obxectivo é "poñer en valor a produción e a artesanía galega e o comercio de proximidade, cunha actividade que quere ser tamén lúdica para atraer a […]

today12 junio, 2024

Actualidad

Reforma integral do Vero Boquete por 9,3M€ para converter Santiago «na capital do deporte»

11/06/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa un proxecto de reforma integral para o Estadio Municipal Verónica Boquete, ubicado no compostelán barrio de San Lázaro. Trátase dun plan cuxo investimento acadaría os 9,3 millóns de euros, un proxecto "ambicioso" a medio e longo prazo que este Goberno quere abordar para converter Compostela "na capital do deporte". Non en van, o primeiro chanzo deste proxecto suporá a reforma das cubertas do estadio, cunha dotación de […]

today11 junio, 2024

Actualidad

Os centros socioculturais de Santiago «viven o verán» con máis de 25 actividades distintas

11/06/2024 A Rede de Centros Socioculturais prepárase para uns meses moi intensos, con ducias de actividades no programa "Vive o verán". Música en directo, exposicións, actividades deportivas ou roteiros, fan parte dunha proposta na que se prevé a participación de máis de 3.000 persoas, "pensada para chegar a públicos moi diversos, e que ten como obxectivo que os veciños e veciñas desfruten do verán redescubrindo o seu municipio, con actividades de lecer, educativas, e que fomentan as relacións sociais e o […]

today11 junio, 2024

Actualidad

Santiago abre o prazo de solicitude dos permisos para as cacharelas e sardiñadas de San Xoán

11/06/2024 Todas as persoas que queiran organizar cacharelas e/ou sardiñadas pola noite de San Xoán, tanto en terreos de propiedade privada como pública, poderán solicitar os permisos correspondentes ata as 23:59 horas do vindeiro 20 de xuño. Tanto para as persoas, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada nun espazo público da súa zona de residencia, como para os particulares que vaian facer esa cacharela ou sardiñada nun terreo dunha propiedade privada, a solicitude poderá facerse ata o […]

today11 junio, 2024

Actualidad

Comunicado da Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA sobre os “Seráns en Feixóo”

Comunicado da Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA sobre os “Seráns en Feixóo” “Seráns en Feixóo” son unha serie de concertos gratuítos que se celebran do 25 de maio ao 28 de xuño, segundo aparece no sitio web santiagoturismo.com, dentro do apartado da Axenda Cultural. A gratuidade non existe e o único fin dos concertos é encher as terrazas dos seus promotores. Cando se fala de “concertos ao aire libre e para marchosos”, está claro que a contaminación acústica dunha […]

today11 junio, 2024

Actualidad

O cantautor compostelán Xosé Constenla lanza ‘Para non esquecer’, o seu sexto traballo discográfico

Trátase dunha colección de cancións baixo a temática da recuperación da memoria histórica Foi gravado -parcialmente- no que foi un campo de concentración franquista na Pobra do Caramiñal O proxecto inclúe, ademáis das cancións, un vídeo que xa circula polas redes e un libro que será presentado este sábado 15 de xuño A Casa do Taberneiro, situada no barrio de San Pedro, acollerá este sábado 15 de xuño ás 12:30 horas, a presentación do novo traballo discográfico do cantautor Xosé […]

today11 junio, 2024

Actualidad

A alcaldesa de Teo ‘contundente’ tras a negativa de Santiago a ampliar a liña 6: «O informe non ten sentido ningún»

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, criticou duramente a negativa do Concello de Santiago de Compostela a ampliar a liña 6 de autobús urbano, que actualmente chega ata o núcleo dos Tilos, ata a rotonda do Gadis de Cacheiras. Esta ampliación, proposta pola rexedora teense en agosto de 2023, pretendía conectar coa capital galega a preto de 9.000 persoas que viven nas parroquias dos Tilos e Cacheiras, facilitando os seus desprazamentos laborais e académicos. A rexedora destacou […]

today10 junio, 2024

AD