A IX carreira nocturna SantYaGo 10K chega este sábado a Santiago con todas as prazas cubertas
A carreira nocturna SantYaGo 10 K arrancará o sábado 10 de maio ás 22:00 horas desde San Francisco con 1.500 deportistas participantes, completando o límite máximo de inscricións nesta edición. Esta carreira nocturna organizada polo Club de Atletismo Fontes do Sar e que conta coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro. Este ano engadiuse a SantYaGo Escolares, cun percorrido […]