AD

saude

35 Resultados / Página 1 de 4

Fondo
AD

Destacado

Un novo avance científico da USC achega luz sobre a orixe do cancro

Un consorcio de persoal investigador coordinado desde o CiMUS da USC descobre como “fragmentos móbiles” do ADN poden alterar a arquitectura do xenoma de tumores canceríxenos O estudo, publicado en Science, demostra que estes elementos móbiles son actores relevantes que poden actuar como un impulsor precoz de inestabilidade cromosómica, característica asociada a moitos tumores humanos. O descubrimento deste mecanismo de mutación xenética abre a porta a futuras investigacións para desenvolver novas terapias Santiago, xoves 26 de febreiro de 2026. Un […]

today27 febrero, 2026

Actualidad

Bouza reclama a Rueda que cumpra co centro de saúde do Castiñeiriño tras case tres anos de atraso

O deputado socialista, Aitor Bouza, denuncia que a saturación da Atención Primaria non é unha situación puntual, senón o resultado dun modelo sanitario que está deteriorando progresivamente o sistema público e empurrando á cidadanía cara á sanidade privada. O PSdeG esixe que se garanta o acceso á médica ou médico de cabeceira nun prazo máximo de 48 horas e anuncia unha iniciativa específica no Parlamento para desbloquear a creación do centro de saúde do Castiñeiriño, comprometido polo PP e aínda […]

today13 febrero, 2026

Actualidad

A Dra. Gema Castiñeiras incorpórase a HM Hospitales como directora médica en Santiago

É licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria polo Hospital Universitario Juan Ramón Jiménez. Conta, ademais, con diversos mestrados no ámbito da xestión sanitaria e asistencial. O Dr. Pablo Asensio, director médico de HM Hospitales en Galicia, subliña que a Dra. Castiñeiras comparte con HM Hospitales unha visión da sanidade baseada na calidade asistencial, na mellora continua e no enfoque multidisciplinario O Grupo HM Hospitales vén de elixir á Dra. Xema Castiñeiras Pardo […]

today28 enero, 2026

Actualidad

Os socialistas denuncian que Santiago está “máis sucia ca nunca” e rexeitan subir a taxa do lixo

O grupo municipal socialista anunciou este mércores que votará en contra das ordenanzas do lixo, que se debaterán no Pleno impulsadas polo Goberno da señora Sanmartín, por consideralas “unha chapuza” e denunciar que a cidade está “máis sucia ca nunca”. As e os socialistas advirten que as normas carecen de seguridade xurídica, non atenden as alegacións presentadas e pretenden cobrar máis por un servizo que non se presta en condicións. Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025. O Grupo […]

today24 septiembre, 2025

Comarca

Arrinca en Ames un novo programa de cesación de tabaco en grupo

O plan de saúde mental inclúe diversas actuacións orientadas a diferentes colectivos, entre as que se atopa o programa de cesación de tabaco en grupo que vai comezar o vindeiro mércores 1 de outubro. Trátase dunha actividade gratuíta que se vai a realizar durante os vindeiros meses de outubro, novembro e decembro. Este programa está dirixido a persoas empadroadas no concello de Ames A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explica que “este é a segunda edición deste programa […]

today23 septiembre, 2025

Actualidad

Recomendacións do Colexio de Podólogos de Galicia para a volta ao calzado pechado

Navor Pereira alerta en Radio Líder Santiago dos riscos de usar zapatos inadecuados tanto en adultos como en nenos, e lembra que “ter dor non é normal” Co mes de setembro chega non só o regreso ás aulas, senón tamén a volta ao calzado pechado tras meses de sandalias e zapatos máis soltos. Ese cambio pode provocar molestias, especialmente nos adultos, cando os pés non atopan o espazo necesario. Así o advertiu Navor Pereira, membro da Xunta de Goberno do […]

today15 septiembre, 2025

Actualidad

Bertamiráns acolle este sábado o IV Fest for Dent con actividades para toda a familia

  A cuarta edición do Fest for Dent reunirá este sábado en Bertamiráns, música, arte, humor e solidariedade para apoiar a investigación dunha enfermidade xenética minoritaria que afecta só aos homes. Arte, cultura, humor e unha causa profundamente humana. Así se presenta a cuarta edición do Fest for Dent, que este sábado encherá o parque do Ameneiral en Bertamiráns cunha programación pensada para toda a familia. O obxectivo? Recaudar fondos e dar visibilidade á enfermidade de Dent, unha doenza renal […]

today19 junio, 2025

Comarca

O Pino acollerá o 23 de abril unha charla sobre o Parkinson

O Pino. 3-04-2025- O vindeiro martes 23 de abril celebrarase no centro sociocultural Luis Seoane, en Arca, unha charla informativa sobre a enfermidade de Parkinson, organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Parkinson, ELA e outras (ACEM), coa colaboración do Concello do Pino. A sesión, que comezará ás 16.30 horas, correrá a cargo de Beatriz Cabo, traballadora social, e Katiana Sánchez, fisioterapeuta, ambas as dúas profesionais do eido sociosanitario. Durante a charla abordarase información xeral sobre o Parkinson, as súas […]

today3 abril, 2025

Actualidad

Denuncian demoras «ilegais» en Traumatoloxía do CHUS

  En febreiro do 2023 a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou demoras irregulares e alarmantemente prolongadas en pacientes con prioridade dous do servizo de cirurxía ortopédica e traumatolóxica e que, polo tanto, deberían ser intervidos nun prazo non superior a 90 días. Hoxe, despois de ano e medio, volvemos ter coñecemento de que se seguen producindo demoras que incumpren os criterios clínicos e as normas sobre tempos máximos de espera para unha intervención cirúrxica. Manuel F.A., paciente […]

today13 noviembre, 2024

AD