Declaracións de Borja Verea sobre a senda ciclista: «O tripartito frea a marcha de Santiago»
Declaracións de Borja Verea sobre a senda ciclista: "Queda claro que Santiago é unha cidade en marcha cun tripartito que a frea. Estamos ante unha senda peonil e ciclista que situaba Santiago á altura das cidades europeas referentes en mobilidade sostible, un gran itinerario verde de conectividade colectiva. Desde o primeiro minuto —aí están as hemerotecas-, CA, PSOE e BNG boicotearon este proxecto, cegounos tanto a ideoloxía que non lles importa perder unha senda verde alternativa. Como alcalde, en 2027, […]