Un home sen teito semidesnudo en Cervantes reaviva o debate sobre o senfogarismo en Santiago
A situación que se vive dende hai meses na Praza de Cervantes, no corazón do casco histórico de Santiago, volve estar no foco da polémica. Veciños e comerciantes da zona levan tempo alertando do malestar xerado pola presenza dun home en situación de exclusión social que permanece nos soportais do edificio de Abanca, onde, segundo denuncian, realiza as súas necesidades e se mostra agresivo con quen lle recrimina a súa actitude. Un hostaleiro da zona asegurou a El Correo Gallego […]