Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, anunciou este mércores en rolda de prensa un pioneiro servizo municipal de información e asesoramento en materia de alugueiro residencial que o Concello de Santiago activará este mes, e que se enmarca no Plan de medidas correctoras dos desequilibrios na zona de mercado residencial tensionado aprobado na última Xunta de Goberno Local. Iago Lestegás concretou que este servizo municipal será prestado a través da entidade sen ánimo de lucro Provivienda […]