Marisa Castro presenta a súa segunda novela «Soño de liberdade», este sábado en Follas Novas
O próximo sábado 22 de novembro, a escritora Marisa Castro estará na librería Follas Novas de Santiago para presentar a súa novela Soño de liberdade. Durante o acto, a autora estará acompañada polo naturalista e ornitólogo Xosé Manuel Penas Patiño. Trátase da segunda obra de ficción da investigadora e divulgadora, tras o éxito de A saga das curandeiras, publicada en 2022 e que xa conta con varias reimpresións. Publicada en galego e castelán, tamén da man da editorial coruñesa Hércules […]