Sumar acusa a PP e Non Adscritas de «bloquear» o novo contrato da auga e o cambio de nome do Apóstolo Santiago
O grupo Movemento Sumar Terras de Compostela criticou duramente a postura do Partido Popular e das concelleiras Non Adscritas no pleno municipal celebrado este xoves, ao considerar que ambas formacións “fixeron pinza” para frear dúas cuestións relevantes: a renovación do contrato do servizo da auga e o cambio de nome do CEIP Apóstolo Santiago. No caso do centro educativo da Almáciga, o pleno debateu a proposta de modificación do nome do CEIP Apóstolo Santiago, unha iniciativa promovida pola ANPA e […]