A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle será unha realidade no verán de 2026
O acordo, asinado hoxe polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, establece que a institución provincial execute as obras do segundo tramo deste itinerario, que van dende o camiño das Pereiras ata a localidade de Ramelle, todo dentro do termo municipal compostelán. A actuación, orzada en 833.391 euros — dos cales a Deputación aportará 531.539 — consiste esencialmente na adecuación do treito de case 5 quilómetros e a súa contorna para o seu uso […]