Guinarte responsabiliza a Goretti Sanmartín do atraso no transporte público e na concesión das licenzas de taxi
Segundo Guinarte, a falta de compromiso do executivo de Sanmartín tradúcese nun transporte deficiente, sen liñas novas, sen servizo nocturno e con conexións insuficientes cos barrios e parroquias. Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista mantivo unha reunión con representantes dos traballadores e traballadoras da empresa Tralusa, concesionaria do transporte urbano en Santiago. Na xuntanza, trasladaron “a súa preocupación polo atraso na licitación do novo contrato de transporte, así como polos atrasos sufridos na percepción […]