Ames pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña “Zocos e Trasnos”
Por oitavo ano consecutivo, a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado presenta a campaña solidaria “Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. A campaña artéllase en base as cartas que a rapazada (os zocos e zocas) escribe pedindo un regalo concreto Os veciños e as veciñas de Ames que se apunten como “trasnos e trasnas” actuarán como “paxes dos Reis Magos” achegando ese […]