O XVII Santiago(é)Tapas supera as 33.000 tapas vendidas
O concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña entregará os seus premios o luns 16 de marzo no Auditorio de Galicia. Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Compostela, continúa a consolidar o seu éxito de participación e consumo. Nesta edición superáronse as 33.000 tapas vendidas, unha cifra que supón un incremento do 10% respecto ao ano anterior e confirma a boa acollida do público e a implicación dos establecementos participantes. O número de tapas vendidas nesta edición sitúase […]