UCIN Santiago esixe a dimisión de Xan Duro por “poñer en risco vidas humanas”
UCIN Santiago de Compostela considera “gravísimo e sen precedentes” que, segundo diversas fontes, onte domingo non houbera persoal operativo no Parque de Bombeiros da capital galega, deixando completamente desprotexida a cidade ante calquera emerxencia. A formación lembra que Santiago é unha cidade con milleiros de residentes, peregrinos e turistas, ademais dun patrimonio histórico e hospitalario de enorme valor, polo que “non pode quedar nin un só minuto sen bombeiros en activo”. Desde UCIN Santiago esixen explicacións inmediatas á alcaldesa Goretti […]