Universidades e Xunta promoven o uso da nosa lingua coa campaña ‘O galego xa é teu’
As tres universidades galegas e a Xunta de Galicia colaboran na campaña conxunta ‘O galego xa é teu’ para o fomento do uso da lingua galega entre o estudantado. A iniciativa presentárona este xoves o director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; e as vicerreitoras de Igualdade e Diversidade da Universidade da Coruña, Cristina López , e de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Susana […]