Chaián prepárase para vivir este domingo a 50ª Festa do Escalo
A Festa do Escalo alcanza este ano unha efeméride histórica. A celebración organizada pola Sociedade Venatoria de Santiago cumpre cincuenta anos mantendo vivo un encontro que combina tradición, natureza e convivencia arredor da pesca. Así o destacou o presidente da entidade, Carlos Rodríguez, durante unha entrevista en Radio Líder Santiago, onde repasou a programación da cita e aproveitou para reivindicar un maior impulso institucional para a contorna de Chaián. Rodríguez lembrou que a festa terá lugar o domingo 19 de […]