Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Santiago de Compostela acollerá este domingo 29 de marzo unha manifestación nacional pola Visibilidade Trans, que dará comezo ás 12:00 horas na Praza 8 de Marzo. A convocatoria pretende reunir a milleiros de persoas baixo o lema da defensa dos dereitos humanos e da diversidade. As entidades organizadoras sinalan que son “numerosos os motivos” para saír ás rúas. Entre eles, destacan a situación das persoas trans migrantes, que a miúdo chegan de países autoritarios e transfóbicos e atopan en Galiza […]