«Este goberno non ten turismofobia, só queremos mellorar a experiencia dos visitantes»
Míriam Louzao, concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, participou este xoves nunha entrevista con Álvaro Veiga en Radio Líder Santiago, onde abordou o controvertido anuncio respecto ao control do fluxo turístico nas zonas de maior afluencia de visitantes na capital galega. Esta medida xorde como parte dun proceso "en fase de estudo" por parte do grupo de goberno municipal, co obxectivo a medio e longo prazo de implementar accións que se consideren necesarias, sempre en consenso […]