Begoña Balado: “O papa amosou interese por peregrinar no Camiño Francés durante o Xacobeo 2027”
A concelleira de Turismo de Arzúa e presidenta da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés, Begoña Balado, foi unha das grandes protagonistas da delegación galega que este mércores convidou oficialmente ao papa León XIV a realizar unha peregrinación polo Camiño de Santiago no marco do próximo Ano Santo 2027. Balado encabezou o grupo de rexedores e representantes da Asociación Calle Mayor de Europa que participaron na audiencia xeral da Praza de San Pedro, onde fixeron entrega ao pontífice dun bordón […]