Zeltia Irevire mestura folk e electrónica no seu novo lanzamento “As Mouras”
A banda Zeltia Irevire lanza unha nova canción xunto cun videoclip filmado nas paraxes salvaxes e naturais do Caurel, no que destaca a interpretación das profesionais de danza contemporánea Ari Vázquez e Skío Carral. Neste último traballo, o trío formado por Laura Zeltia Acuña Barros (compositora da canción), Miguel Carballido Cernadas e Cibrán Seixo Pazos mistura folk acústico con texturas electrónicas suaves, creando unha atmósfera íntima con moita forza e sensibilidade. O novo videoclip foi levado a cabo coa dirección […]