AD

Actualidad

Tato López, o cantautor detrás da Casa da Trova, un espazo de arte único en Galicia

today6 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Este xoves participaba nos micrófonos de Radio Líder Santiago o cantautor Tato López, resposable da Casa da Trova, unha escola de música situada en Santiago de Compostela e que destaca por ser un espazo único de formación en guitarra, voz e composición de cancións.  Este centro ofrece unha formación integral que inclúe técnica vocal, harmonía, guitarra, ukelele e diversas disciplinas relacionadas co mundo da canción. A filosofía principal da Casa da Trova é converterse nun lugar onde todos poidan aprender e ensinar, promovendo a música e a creatividade desde un punto de vista único.

Ademais da formación musical, Casa da Trova organiza encontros con trobadores de todo o mundo, onde os artistas poden compartir a súa experiencia e dar a coñecer o oficio da canción a través do seu traballo. O espazo tamén ofrece unha ampla oferta de cursos monográficos especializados en diferentes artes, como a guitarra, a voz e a pintura. A formación abarca diferentes estilos musicais, tanto clásicos como modernos, e inclúe a produción e desenvolvemento de proxectos musicais.

Tato López en Radio Líder Santiago

Hoxe, o Tato López, madrileño afincado en Santiago desde hai 22 anos é o responsable de crear o proxecto Casa da Trova. Durante a súa entrevista, López destacou as múltiples iniciativas complementarias que xorden a partir da escola, como A Noite da Trova que se celebra unha vez ao mes no Pub Atlántico da zona histórica de Compostela, onde se ofrece aos artistas noveis a oportunidade de participar nun concerto aberto ao público. Esta noite, e como excepción, a cita será no local da Casa da Trova en Basquiños 36, a partir das 21.00 horas, con entrada de balde.

No ámbito musical, Tato López conta con catro discos editados e está a traballar na gravación do seu quinto álbum. «Creo no oficio de facer cancións», subliñou López durante a entrevista, destacando a súa paixón pola música e a súa dedicación ao ensino e á creación musical na Casa da Trova. Durante a conversa con Álvaro Veiga interpretou en directo ‘Rebelión’, un dos temas do seu repertorio.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%