Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Levarase a cabo do 22 ao 26 de xullo para a rapazada de entre 4 e 16 anos
O Concello de Teo acollerá na semana do 22 ao 26 de xullo o Campus de Verán Fundación Celta 2024 by Cabreiroá, para a rapazada de entre 4 e 16 anos. Levarase a cabo nun dos campos de titularidade municipal.
Así o confirmou a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, que mantivo unha xuntanza con membros da Fundación do club vigués. Na reunión, a rexedora agradeceu que se apostara por Teo para levar a cabo esta formación, que achega grandes valores á rapazada e forma aos xogadores en técnica e coñecementos varios.
Durante a semana do Campus, ademais de formación técnica e deportiva, tamén haberá opcións recreativas para todos os participantes. O obxectivo é formar aos máis pequenos desde unha perspectiva amena e divertida. Todos os interesados poden apuntarse xa na web do RC Celta (https://rccelta.es/mais-celta/campus/).
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)