AD

Actualidad

Teo reforza a loita contra os incendios cunha nova brigada forestal

today13 agosto, 2025

Fondo
share close
AD
  • Esta nova brigada está cofinanciada parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) a través dun convenio coa Xunta de Galicia
  • A brigada reforzará as labores preventivas.que desde o Goberno local se están executando, co obxectivo de preservar o patrimonio natural e garantir a seguridade da veciñanza

Teo (A Coruña), 13 de agosto de 2025.- O Concello de Teo incorpora estes días unha
brigada municipal forestal para reforzar a prevención e extinción de incendios forestais no territorio, co fin de preservar a seguridade, especialmente, nos núcleos rurais das 13
parroquias teenses.

Esta nova brigada está cofinanciada parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (Feader) a través dun convenio coa Xunta de Galicia, para completar o labor da Administración autonómica, que ten a competencia exclusiva en materia de montes.
Así, o traballo desta brigada reforzará os labores preventivos que desde o Goberno local
se están executando, co obxectivo de preservar o patrimonio natural e garantir a seguridade dos núcleos rurais e a súa poboación na defensa contra o lume.

Este novo equipo, composto por seis profesionais, estará formado por un xefe de brigada, un peón conductor e catro peóns que desenvolverán o seu traballo contra as lapas, ao
tempo que se encargarán de evitar posibles focos con diferentes labores de desbroce, en
diferentes puntos do concello.

En canto ás tarefas de prevención, estas consistirán na limpeza de parcelas e terreos de
titularidade municipal, así como en vías e espazos nos que non se pode empregar maquinaria. No relativo aos labores de extinción, este equipo integrarase no dispositivo do distrito forestal ao que pertenece o Concello de Teo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *