AD

Actualidad

Transformar Galicia presenta a candidatura de Isabel Faraldo para liderar Podemos Galicia

today20 noviembre, 2024

Background
share close
AD

Transformar Galicia oficializou a súa candidatura ás primarias internas de Podemos Galicia, encabezada por Isabel Faraldo, cunha aposta por fortalecer a organización e consolidala como unha ferramenta esencial para o cambio político en Galicia.

A candidatura conta cunha lista diversa e plural, con representantes de distintas áreas e compromisos sociais, como Ximena Cheda, Adrián Seijas, María Jesús Pereiro, e Toño Naval, entre outros nomes destacados. Desde o municipalismo ata o feminismo como eixo transversal, o programa político propón construír un Podemos Galicia forte e preparado para desaloxar o PP da Xunta, fortalecendo a súa implantación territorial e os Círculos en toda a comunidade.

Faraldo, ex-concelleira na Coruña e candidata á Xunta en comicios pasados, lidera este proxecto colectivo que se presenta como unha opción esperanzadora e decidida a transformar Galicia desde a esquerda. «O futuro da esquerda en Galicia pasa por un Podemos forte. É momento de construír unha organización que sexa unha verdadeira ferramenta para cambiar o noso país», afirmou Faraldo.

A proposta inclúe tamén unha renovada Comisión de Garantías, coa participación de Carmen Berzosa, Ledicia Piñeiro, Kerstin Mohnberg e Sonia Suárez, comprometidas coa democracia interna e os valores do partido.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%