AD

Actualidad

Troyanos de Compostela actúan este sábado no Auditorio do Grove

today21 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Interpretará pezas do seu disco Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya, como as populares Fonseca, La Alfonsina, Muiñeira de Ponte Sampaio, Os teus ollos ou Lela, entre outras

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- Troyanos de Compostela é a agrupación de pulso e púa, gaita e percusión do Museo Casa de la Troya, un museo romántico que amosa a vida dos estudantes universitarios de finais do século XIX e principios do XX. O vindeiro sábado, 25 de maio, ofrece un concerto no Grove. A cita será no Auditorio municipal da localidade, a partir das 20:00 horas. O evento conta co financiamento do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

As entradas poden adquirirse a un prezo de 5 euros na Biblioteca Municipal do Grove, do 20 ao 24 de maio, en horario de 10:00 a 13:00 horas; e no Auditorio o propio día do concerto, entre as 18:00 e as 19:50 horas.

O director do Museo e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, Benigno Amor, amosa a súa satisfacción por seguir cumprindo, a través de Troyanos de Compostela, os obxectivos cos que se constituíu a asociación. “O noso concerto será unha pequena viaxe a Santiago de Compostela no tempo e no espazo, co fío argumental da novela de Pérez Lugín. Deste xeito, achegaremos a quenes nos escoiten o espírito do Museo a través da divulgación de pezas de composistores galegos de finais do XIX e comezos do XX” -indica-.

Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya

Troyanos de Compostela é un proxecto cultural que nace hai once anos con vocación de investigar, promover e interpretar a música que tocaba a Tuna Compostelana histórica, así como lembrar a figura e a obra de compositores galegos daquela época. Na actualidade integran a formación 39 profesionais de diferentes ámbitos, aos que os une a pertenza ás tunas universitarias durante a súa etapa académica.

No Auditorio municipal do Grove ofrecerán un programa de hora e media, que inclúe pezas do seu disco Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya, estruturado en cinco partes: Santiago, En Portugal, Viva Galicia!, A Romaría, Fonseca e Aires de voda. Ao igual que no concerto que celebraron no Teatro Colón da Coruña e no Teatro Principal de Santiago o pasado ano, fará de narrador o actor e guía Suso Martínez, interpretando o personaxe de Casimiro Barcala, como vén facendo desde 2017 nos Roteiros Troyanos que organiza cada ano o Museo pola cidade histórica compostelá.

“Imos interpretar pezas que, sen dúbida, forman parte da banda sonora do noso pasado recente como Fonseca, La Alfonsina, Muiñeira de Ponte Sampaio, Os teus ollos, Lela ou Foliada do rueiro, entre outras. Por iso animo tanto a quenes coñecen a novela de Lugín como á xente nova a que se acheguen ao Auditorio do Grove para que desfruten de cancións tan populares para o público de toda Galicia” -apunta Amor-.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%