AD

Actualidad

Turismo de Santiago reúnese con 70 profesionais europeos interesados no noso destino

today22 mayo, 2024

Background
share close
AD

A entidade municipal reúnese con touroperadores e axencias de viaxes de países como Alemaña, Francia, Bélxica, Italia e Portugal.

Turismo de Santiago participa no «Spain Tourism European Summit 2024», unhas xornadas inversas de apoio á comercialización dos destinos domésticos nos mercados europeos, que se celebra en Toledo do 20 ao 23 de maio. As xornadas contan coa participación de 74 axentes de viaxes e turoperadores europeos, seleccionados polas consellería de Turismo de Turespaña en Europa.

A entidade de promoción turística municipal está aproveitando esta oportunidade para continuar consolidando a Compostela como un destino global, fomentando a demanda dos mercados europeos, especialmente daqueles cos que se conta con conexión aérea directa e están presentes neste encontro, como Alemaña, Francia, Bélxica e Italia. Pero, ademais, tamén está aproveitando a oportunidade para estreitar relacións con profesionais doutros mercados europeos de interese, como Dinamarca, Finlandia e o veciño Portugal.

Esta acción de promoción vai na liña de promocionar o destino a través do contacto directo con profesionais dos mercados emisores europeos que contan xa cun interese recoñecido en Compostela para amosarlles directamente as posibilidades concretas que ofrece a cidade como un destino de calidade, que aposta por un modelo turístico de alto valor engadido.

Trátase ademais dunha acción complementaria á participación de Turismo de Santiago na recente edición de «Routes Europe», a feira do sector aéreo máis importante do continente, que tivo lugar en Aarhus, Dinamarca, do 22 ao 24 de abril.

Nesta feira a entidade municipal de promoción turística tivo máis de dez reunións con diferentes compañías aéreas, co obxectivo de presentarlles o destino e as oportunidades que o aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro para o seu crecemento no noroeste peninsular.

Cabe lembrar que a comezos de abril, Turismo de Santiago participou tamén na III Xornada de Conectividade Aérea, organizada conxuntamente por Turespaña e Aena. A xornada diríxese exclusivamente a destinos turísticos, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da conectividade aérea internacional e coordinar as mensaxes fundamentais de forma unificada e eficaz.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%