AD

Destacado

UCIN presentará candidatura á alcaldía de Santiago: «Se somos chave, falaremos con todas as forzas»

today12 junio, 2025

Fondo
share close
AD

Adrián Mallo, coordinador de UCIN en Santiago, avanza que será o candidato á alcaldía e aposta por «romper co modelo de profesionalización da política». A formación presume dunha liña aberta ao diálogo e prioriza cuestións como o mantemento urbano, o transporte público ou a saúde mental.

O partido Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN), unha forza municipalista con presenza en diversos concellos do Estado e oito concelleiros en Galicia, dá un paso adiante na capital galega. Así o anunciou o seu coordinador en Compostela, Adrián Mallo, nunha entrevista na emisora Radio Líder Santiago. A súa candidatura busca sumar para as eleccións municipais de 2027 cunha mensaxe centrada en escoitar os problemas da veciñanza e poñer solucións enriba da mesa.

“Temos dous anos moi duros por diante, pero imos traballar para entrar no Pazo de Raxoi”, afirmou Mallo, quen tamén reivindicou que UCIN é unha formación “sen etiquetas ideolóxicas fixas” e que “non veta a ninguén, pero esixe compromisos firmes con Santiago”. A súa vontade de pacto abarca a todas as forzas: “Da igual que sexa nacionalismo, esquerda ou dereita, se cumpren os nosos mínimos haberá apoio. Se somos chave, falaremos con todas as forzas».

Entre as prioridades da formación destacan o mantemento da cidade —“Santiago está sucio, sen iluminación e con parques abandonados”—, a problemática do transporte urbano e a creación dun centro municipal de saúde mental para reducir as listas de espera. Tamén denunciaron a “falta de transparencia” arredor do novo centro de inserción social en Belvís.

Adrián Mallo, compostelán de 33 anos, con experiencia no sector dos coidados e o comercio, defende un modelo de política participativa e temporal: “Non se pode vivir toda a vida da política. Isto é un paso, non un modo de vida”.

En canto ao panorama político actual, considera que o goberno do BNG e CA na capital galega merece un “aprobado”, pero critica que “o contrato do transporte público segue sen resolverse, os buses rompen e hai moitos déficits que xa veñen de antes”.

A formación anuncia que está en proceso de conformar un equipo local e abrir unha sede en Santiago. “UCIN Compostela está para os veciños”, asegurou Mallo, quen fixo un chamamento á cidadanía a achegarse e seguir as súas propostas nas redes sociais.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *