Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 septiembre, 2025
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025 – UCIN Santiago denuncia a «vergoñenta» situación do aparcamento municipal da Praza Marcial Villamor, unha infraestrutura construída con fondos públicos no ano 2009, inaugurada en xaneiro de 2010 e que, 15 anos despois, «segue pechada e inutilizada».
Falamos de arredor de 30 prazas de estacionamento que custaron centos de miles de euros, enterradas baixo a praza, mentres o barrio sofre unha carencia evidente de aparcamento e os cartos de todos os composteláns quedaron malgastados nun proxecto fantasma.
Trátase dun caso claro de «despilfarro, incompetencia e irresponsabilidade política», que atravesa gobernos de diferentes cores, todos eles incapaces de dar unha resposta seria á veciñanza.
UCIN Santiago ESIXE:
• A apertura inmediata dunha investigación para determinar quen foi responsable desta nefasta xestión.
• A publicación urxente do custo total da obra e dos motivos reais polos que nunca entrou en servizo.
• A posta en marcha inmediata dun plan de apertura e uso público do aparcamento, que evite seguir mantendo baixo chave unha infraestrutura necesaria e xa pagada.
“Santiago non pode seguir sendo o escaparate do abandono, a chapuza e a mentira política. Quen malgastou o diñeiro dos veciños debe dar a cara e asumir responsabilidades”, afirmou Diego Adrián Mallo Cao, coordinador local de UCIN Santiago.
Escrito por Líder Redacción
abandono denuncia politica Praza Marcial Villamor Santiago de Compostela
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)