AD

Actualidad

UCIN Santiago esixe a dimisión de Xan Duro por “poñer en risco vidas humanas”

today27 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

UCIN Santiago de Compostela considera “gravísimo e sen precedentes” que, segundo diversas fontes, onte domingo non houbera persoal operativo no Parque de Bombeiros da capital galega, deixando completamente desprotexida a cidade ante calquera emerxencia.

A formación lembra que Santiago é unha cidade con milleiros de residentes, peregrinos e turistas, ademais dun patrimonio histórico e hospitalario de enorme valor, polo que “non pode quedar nin un só minuto sen bombeiros en activo”.

Desde UCIN Santiago esixen explicacións inmediatas á alcaldesa Goretti Sanmartín (BNG) e a dimisión do concelleiro de Seguridade Cidadá, Xan Duro (Compostela Aberta), por unha “xestión absolutamente irresponsable que pon en risco vidas humanas e bens públicos”.

Entre as súas demandas inclúense a comparecencia urxente da alcaldesa para explicar o sucedido, un informe oficial de servizo que detalle os motivos da falta de persoal e a revisión integral da xestión do parque de bombeiros cun plan de reforzo inmediato de quendas e efectivos.

“O que pasou hoxe é intolerable. Santiago non pode quedar sen bombeiros nin por un só turno. Isto é consecuencia dunha xestión política nefasta e dun abandono total do servizo público. O señor Xan Duro debe asumir responsabilidades e dimitir de inmediato”, declarou Diego Adrián Mallo Cao, coordinador local de UCIN Santiago.

A formación lembra ademais que o corpo de bombeiros leva meses advertindo sobre a falta de persoal, o impago de horas extra e a precarización das quendas, unha situación que agora “estala nunha crise de seguridade sen precedentes”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *