AD

Actualidad

Últimas horas para solicitar os «bonotaxis» en Santiago

today2 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

02/04/2024 Mañá, 3 de abril, finaliza o prazo para solicitar as axudas individuais para o uso do taxi como medio alternativo para persoas con mobilidade reducida ou persoas maiores residentes na zona rural, impulsadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais. A súa contía pode oscilar entre os 150 e os 350 euros, nun pago único.

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destina unha partida total de 15.000 euros aos denominados «bonotaxis», dirixidos ás persoas que a causa da súa discapacidade, enfermidade crónica, tratamento ou idade, teñan dificultades para o uso do transporte público.

As persoas beneficiarias deben estar empadroadas e residir en Santiago, e atoparse nalgún dos seguintes supostos: ter recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade; ter recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75 %; ou estar sometidas a tratamentos periódicos administrados desde calquera centro hospitalario da cidade e que dificulten a condución. Tamén poden solicitar as axudas persoas residentes no rural que teñan algún tipo de discapacidade, padezan doenzas que lles dificulten a condución, ou sexan maiores e teñan limitacións no acceso ao transporte público por mor da menor cobertura do servizo.

A contía da axuda dependerá dos ingreso das persoas beneficiarias. Así, será dun máximo de 350 euros, nun pago único, para as persoas cun límite de ingresos do 150% do IPREM anual; dun máximo de 250 euros para as persoas que perciban entre o 150 e o 250% do IPREM; e dun máximo de 150 euros para os ingresos de entre o 250% e o 300% do IPREM. Se o número de solicitudes supera a cantidade consignada nos orzamentos, a concesión da axuda primará ás persoas solicitantes que teñan menos ingresos.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%