Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 septiembre, 2025
A pasada noite, pouco despois das doce, rexistrouse un aparatoso accidente de tráfico na rúa Ánxel Baltar, moi preto do Hotel Peregrino, en Santiago de Compostela.
Segundo informaron fontes do 112 Galicia a El Correo Gallego, un vehículo todoterreo saíuse da vía e chocou contra un turismo que estaba estacionado, o que provocou que quedase totalmente volcado sobre a calzada.
Foron varios os particulares que contactaron co centro de emerxencias para alertar do sinistro. A pesar do espectacular impacto, os ocupantes do coche accidentado conseguiron saír polos seus propios medios e non precisaron da axuda dos bombeiros, aínda que ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local compostelá.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)