AD

Destacado

Un mozo ferido tras unha liorta con coiteladas na Alameda de Santiago

today23 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

 

Un mozo tivo que ser trasladado na tarde do sábado ao Hospital Clínico de Santiago despois de resultar ferido con arma branca durante unha pelexa rexistrada na Alameda compostelá. Segundo indicaron fontes da Policía Nacional consultadas por Europa Press, o seu estado non reviste gravidade e a súa vida non corre perigo.

Os feitos producíronse arredor das 20:30 horas, cando unha discusión entre dous mozos acabou derivando nun ataque con coitelo. De acordo coa versión policial, o detonante da liorta puido ser un comentario da futura vítima sobre a parella do outro implicado. Nese momento, o agresor supostamente asestoulle dúas coiteladas antes de fuxir do lugar.

Na tarde deste domingo, o autor das puñaladas aínda non fora localizado pola Policía Nacional, que mantén aberta a investigación para dar co seu paradoiro e esclarecer o sucedido.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *