AD

Sucesos

Un operario falece no Grove tras sufrir unha descarga eléctrica

today31 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

Malia os esforzos por reanimalo, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso ás 15:30 horas, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: un traballador acababa de sufrir unha descarga eléctrica mentres realizaba tarefas dentro dunha arqueta, na Estrada da Lanzada, pertencente á parroquia de San Vicente do Grove.

Nese momento, os alertadores confirmaron que o implicado permanecía inconsciente.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago; a Garda Civil e o Servizo Municipal de Emerxencias do Grove.

Finalmente, confirmouse o falecemento do traballador.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *