AD

Actualidad

Un raio derriba a cheminea dunha casa e cae sobre un vehículo en Trazo

today28 enero, 2025

Fondo
share close
AD

Por fortuna, ninguén resultou ferido e o incendio provocado no tellado resolveuse axiña.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, foi un particular quen avisou pouco antes das nove desta noite. Explicou que un raio derribou a cheminea dunha casa situada na Polveira, en Trazo, e que as partes dese elemento saíron voando ata bater nun vehículo.

Servizos de emerxencia na zona

Ninguén resultou ferido e o incendio provocado posteriormente apenas causou danos no tellado. Concretamente, no illante e na propia cheminea.

Ata o lugar dos feitos acudiron os Bombeiros de Ordes e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *