AD

Comarca

Un septuaxenario perdeu a vida nun atropelo en Santa Comba

today13 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Un septuaxenario perdeu a vida na noite de onte tras ser atropelado na Avenida Antonio Tomé Taboada, en Santa Comba.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 21:10 horas, cando varios particulares alertaron de que se producira un atropelo e que se lle estaban practicando manobras de reanimación á vítima, que podería estar falecida.

Decontado, o 112 Galicia deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

A pesar dos esforzos por reanimar ao home, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *